León cadrado

QUE QUEREMOS?


De acordo co mandato da I Asemblea Xeral de Somos Nós, chamamos aos adherentes a participar e a chamar á cidadanía a facelo tamén, na definición dos obxectivos mínimos que a sociedade galega debería esixir das Cortes do Estado na vindeira lexislatura no caso de que, como a moita xente desexa, se dá tecido unha candidatura unitaria que sexa quen de conseguir un grupo parlamentario propio nas dúas cámaras.

Chamamos á cidadanía a facer as achegas individuais ou colectivas ao enderezo ola@somosnos.gal ata o 16 de xullo

A síntese será realizada polos Grupos de Traballo de Economía, Demografía e Territorio, Xurídico e de Participación de Somos Nós, e as conclusións serán presentadas nun acto nacional o 22 de xullo no Pazo de Bendaña, na praza do Toural de Santiago de Compostela.