Unha resposta desde e para Galicia


UNHA RESPOSTA DESDE E PARA GALICIA

Diagnose da realidade económica diferencial de Galicia. Liñas principais de actuación en política económica

Galicia é unha vella nación europea, semellante en poboación e desenvolvemento económico a outros países da Europa, situada nunha posición privilexiada xusto ao pé das grandes autoestradas do transporte marítimo internacional, e dotada de importantes recursos naturais e enerxéticos e dunha histórica capacidade de iniciativa e emprendemento.

Porén, na actual concepción do modelo de Estado, o modelo económico e de País para Galicia, as nosas bases económicas estratéxicas e a nosa forma de ser e estar no mundo son prescindibles para España. O noso minguante peso económico, demográfico e político non fixo senón profundar unha serie de aspectos chave da realidade económica de Galicia que fican fora de xogo no modelo económico e institucional confeccionado nas últimas décadas desde o Estado. Podemos agrupar estes aspectos en tres categorías: modelo económico Mediterráneo, bases económicas sectoriais diferenciadas, e a nosa forma de ser e estar no mundo actual.

[VER OU DESCARGAR O DOCUMENTO COMPLETO EN PDF]

Informe elaborado polo Grupo de Traballo de Economía (GTE), coordinado por David Peón, coa colaboración de Marcelino F. Mallo, Xose Manuel L. Leira, Maite Vence Fernández, Lourenzo Fdz. Prieto, Raúl González Torea, Edelmiro López Iglesias, Isidro Dubert García, Paulino Martínez Fernández, Xosé Manuel Martínez Filgueira, María Merelas Ares, Jorge Rodríguez Álvarez, Flora María Martínez Blanco, Xose Antonio Pena Beiroa, Fernando de Llano Paz e Cristina Anido Martínez