banner28x

28X- I Asemblea Xeral de Somos Nós


lume

Saúde adherente,

Nos últimos días recibimos unha boa cantidade de achegas para elaborar os  documentos que aprobaremos o vindeiro 28 de Xuño. Agradecemos o voso esforzo para contribuír á consolidación do proxecto.

A convocatoria é as 11,00 e primeira instancia e as 11,30 en segunda, no Hotel Virxe da Cerca (Rúa Virxe da Cerca, 27) en Santiago. Lembrade que precisamos confirmación de asistencia para organizar adecuadamente a reunión, podedes confirmar enviando un correo co asunto CONFIRMACIÓN.

A xestora fará unha proposta de nova Xunta Directiva para o que solicitamos postulantes, se tedes o interese en formar parte desta nova directiva, podedes enviar un correo (até o día de San Xoán) cos vosos datos para que vos incluamos na proposta que se eleve á Asemblea. Tamén podedes postular a alguén.

En correos anteriores envióusevos a Orde do día da Asemblea e a proposta de Plan de traballo para 2015, no que tentamos incorporar as voas achegas e facelas compatibles cunha visión realista das capacidades que, polo de agora, temos como Asociación. Se non os recibistes, solicitádeos.

Aquí podedes ver a Declaración que analiza o debate suscitado ao redor das próximas eleccións xerais dende a posición marcada por Somos Nós dende a fundación.

Somos Nós.

SN4alfa